¿Eres mayor de edad?

Vanagandr Gin

VANAGANDR GIN - O NOSO GIN

A nosa xenebra está destilada polo método London Dry seguindo a experiencia artesanal do destilado en Galicia. Para a elaboración da nosa xenebra contamos cos mellores alcohois 100% de gran, a mellor selección de botánicos e a gran vantaxe de contar co auga de Galicia.
 
En nariz é intensa e moi complexa, cando lle atrapas un aroma aparece outro e logo outro? todo marcado cun halo de carácter fresco con notas de cítricos (mandarina, lima), flores (azahar, lirio) e especiados (canela, regaliz, noz moscada). En boca, de entrada amable, logo vólvese fresca e vibrante, cun chispeante cosquilleo na punta da lingua, repite a súa gama aromática e deixa un recordo limpo e duradero que invita ao seguinte grolo.
 
Vanagandr GIN
 
Para a elaboración da nosa xenebra contamos cos mellores alcohois 100% de gran, a mellor selección de botánicos e a gran vantaxe de contar co auga de Galicia. Os nosos Botánicos son, Enebro, Raiz De Angélica, Cassia, Raíz De Orris, Semente De Cilantro, Pel De Laranxa Doce, Pel De Limón, Cardamomo, Noz Moscada, Regaliz, Canela De Ceylán e algunha cosilla máis... con eles conseguimos unha xenebra, fresca e cativadora, chea de matices pero sen estridencias que dentro dun corte clásico de London Dry visualmente é impecable, límpida e brillante, cristalina, con escintileos aceirados e cunha frugal fluidez.
 
Vanagandr GIN
 
A nosa botella é unha Oxygen de Saverglass, para licores premium de 70Cl e foi seleccionada para ser vestida cunha etiqueta que rompe moldes, desenvolvida polo ilustrador David Pintor, o tapón sintético especial para alcohois e de cabeza madeira, leva incorporado un dosificador antigoteo para facilitar o servizo. 
Vanagandr GIN
 
Gastos de envío
O envío realízase por mensajería urxente a través de MRW con gastos de envío dependentes de cantidade e peso.
 
Soporte
Estamos á súa disposición permanentemente para calquera dúbida referida ao envío ou ao propio produto.
 
Garantía de devolución
Si non queda satisfeito ou o produto non chega nas condicións adecuadas, ten 7 días para o seu devolución.